jueves, 29 de febrero de 2024

VISITAS DE ESCRITORAS

A ilustradora e escritora Laura Da Silva, máis coñecida como Titimoki, deixou a Pomodoro na casa para vir a facernos unha visita e ensinarnos como foi a súa creación. Durante a súa estancia ensinounos os seus bosquexos, explicounos o proceso dende a idea ata a publicación do libro e puidemos facerlle moitas preguntas. Finalmente, dedicounos o libro de visitas da nosa biblioteca e dous exemplares de Pomodoro. Con moito agarimo recordaremos este día e gardaremos os seus libros coma un tesouro.


Tamén recibimos a visita de María Lado, coautora de Caramomia xunto con Daniel Lamas, o Hematocrítico e Ledicia Costas. Contounos os segredos que envolveron esta creación conxunta entre sorrisos e simpatía.



jueves, 21 de diciembre de 2023

Recomendacións navideñas da biblioteca Rosalía de Castro

 Dende o equipo de biblioteca queremos ofrecervos ideas para desfrutar de tempo en familia no Nadal. Moitos dos libros e xogos están dispoñibles no cole. 
Que teñades boas festas!





jueves, 30 de noviembre de 2023

martes, 17 de octubre de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS

Co motivo do Día das Escritoras, o 16 de outubro, no CEIP San Salvador aproveitamos a hora de ler para falar dalgunhas escritoras galegas importantes, tanto de escritoras de fai moito tempo como das máis actuais. 

Deixámosvos algúns dos títulos traballados en infantil e primaria:

- "Dez gatiñas viaxeiras" de Eva Mejuto
- "A pedra vermella" de Sonia Blanco Sío
- "A bruxiña da sorte" de Concha Blanco
- "Negra sombra" de Rosalía de Castro
- "Escarlatina" de Ledicia Costas
- Os poemas de Yolanda Castaño
- "Junie B. Jones" de Bárbara Park
- "Elena sirena" de Ona Carbonell

 

miércoles, 11 de octubre de 2023

viernes, 24 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA

 Co motivo do Día da poesía, no noso centro dedicáronse tódalas sesións da "Hora lectora" a este xénero literario. O alumnado escribiu pequenos versos e poemas  para intercambiar cos seus  compañeiros/as das outras aulas. Aquí tedes unha pequena mostra dos seus traballos:





miércoles, 8 de marzo de 2023

Día da Muller

 Hoxe rememorouse o Día da Muller!

Nesta conmemorazión fixemos visibles unha serie de representantes galegas que destacaron no ámbito da comunicación. Deixámosvos unhas mostras dos seus traballos:






 

jueves, 23 de febrero de 2023

As aventuras de Rosalía

 Con motivo do nome da nosa bibliote e da celebración do día de Rosalía de Castro; así como da próxima conmemoración do Día da Muller, os nosos alumnos crearon un audioconto elaborado dende os máis pequenos ata os máis maiores do centro, inagurando así ás instalacións da nosa Radio.







viernes, 13 de enero de 2023

NOVIDADES DE REIS!

 Os Reis Magos fixeron unha parada no CEIP Plurilingüe San Salvador de Teis e deixáronnos uns cantos agasallos para ós nosos alumnos!

Moitas grazas Melchor, Gaspar e Baltasar!

Encantáronnos!



jueves, 22 de diciembre de 2022

CHEGA O NADAL!

 Os nosos alumnos axudaron ó Bufotecario a decorar de Nadal á nosa Biblioteca mediante materiais dixital reciclado. Esperamos que vos guste!

Grazas a todos  pola vosa axuda!

Bo Nadal!