Lembramos que a biblioteca estará aberta tamén polas tardes no seguinte horario:
Luns, martes, mércores, xoves e venres: de 16.00 a 17.00.
Os nenos/as que asistan á biblioteca deberán vir sempre acompañados dun adulto responsable.

Este curso tivemos a visita dos creadores de dous grandes libros. A escritora Alba Míguez e o ilustrador Damián Gómez con "Os vagalumes de Marí" e Anxel con X con "O caderno de rama".
Grazas pola vosa atención cos rapaces e rapazas!Os días 24 e 25 de outubro abrimos a nosa biblioteca ao alumnado. Por cursos, coñeceron os temas a traballar este ano (as culturas e o teatro) e a lenda da biblio.
Os máis pequenos desfrutaron da historia de Lili, unha lebre ladroa de libros, a través de sombras. Os nenos e nenas de primaria tiveron que buscar libros segundo o código que recibían e finalizaron o xogo montando un puzle da nosa mascota.