martes, 5 de novembro de 2024

A nosa biblioteca xa está aberta!

 Os días 24 e 25 de outubro abrimos a nosa biblioteca ao alumnado. Por cursos, coñeceron os temas a traballar este ano (as culturas e o teatro) e a lenda da biblio.

Os máis pequenos desfrutaron da historia de Lili, unha lebre ladroa de libros, a través de sombras. Os nenos e nenas de primaria tiveron que buscar libros segundo o código que recibían e finalizaron o xogo montando un puzle da nosa mascota.
Moitas grazas a todos e a todas pola vosa participación. Agora toca desfrutar da nosa biblio!




mércores, 23 de outubro de 2024

martes, 21 de maio de 2024

LETRAS GALEGAS 2024


Os nenos e nenas de 1º de primaria realizaron un podcast sobre a vida e obra de Luisa Villalta, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Un audio cheo de aprendizaxe e humor! 
Esperamos que vos guste!

ENLACE 

martes, 30 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO 2024

Aquí tedes os resultados dos Turlututús feitos cos lapis 3D e as historias creadas polo alumnado do cole.
Esperamos que vos gusten!

 

 







 

martes, 9 de abril de 2024

xoves, 29 de febreiro de 2024

VISITAS DE ESCRITORAS

A ilustradora e escritora Laura Da Silva, máis coñecida como Titimoki, deixou a Pomodoro na casa para vir a facernos unha visita e ensinarnos como foi a súa creación. Durante a súa estancia ensinounos os seus bosquexos, explicounos o proceso dende a idea ata a publicación do libro e puidemos facerlle moitas preguntas. Finalmente, dedicounos o libro de visitas da nosa biblioteca e dous exemplares de Pomodoro. Con moito agarimo recordaremos este día e gardaremos os seus libros coma un tesouro.


Tamén recibimos a visita de María Lado, coautora de Caramomia xunto con Daniel Lamas, o Hematocrítico e Ledicia Costas. Contounos os segredos que envolveron esta creación conxunta entre sorrisos e simpatía.