xoves, 29 de febreiro de 2024

VISITAS DE ESCRITORAS

A ilustradora e escritora Laura Da Silva, máis coñecida como Titimoki, deixou a Pomodoro na casa para vir a facernos unha visita e ensinarnos como foi a súa creación. Durante a súa estancia ensinounos os seus bosquexos, explicounos o proceso dende a idea ata a publicación do libro e puidemos facerlle moitas preguntas. Finalmente, dedicounos o libro de visitas da nosa biblioteca e dous exemplares de Pomodoro. Con moito agarimo recordaremos este día e gardaremos os seus libros coma un tesouro.


Tamén recibimos a visita de María Lado, coautora de Caramomia xunto con Daniel Lamas, o Hematocrítico e Ledicia Costas. Contounos os segredos que envolveron esta creación conxunta entre sorrisos e simpatía.



xoves, 21 de decembro de 2023

Recomendacións navideñas da biblioteca Rosalía de Castro

 Dende o equipo de biblioteca queremos ofrecervos ideas para desfrutar de tempo en familia no Nadal. Moitos dos libros e xogos están dispoñibles no cole. 
Que teñades boas festas!





xoves, 30 de novembro de 2023

martes, 17 de outubro de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS

Co motivo do Día das Escritoras, o 16 de outubro, no CEIP San Salvador aproveitamos a hora de ler para falar dalgunhas escritoras galegas importantes, tanto de escritoras de fai moito tempo como das máis actuais. 

Deixámosvos algúns dos títulos traballados en infantil e primaria:

- "Dez gatiñas viaxeiras" de Eva Mejuto
- "A pedra vermella" de Sonia Blanco Sío
- "A bruxiña da sorte" de Concha Blanco
- "Negra sombra" de Rosalía de Castro
- "Escarlatina" de Ledicia Costas
- Os poemas de Yolanda Castaño
- "Junie B. Jones" de Bárbara Park
- "Elena sirena" de Ona Carbonell

 

mércores, 11 de outubro de 2023