Aquí tedes os resultados dos Turlututús feitos cos lapis 3D e as historias creadas polo alumnado do cole.
Esperamos que vos gusten!
Aquí tedes os resultados dos Turlututús feitos cos lapis 3D e as historias creadas polo alumnado do cole.
Esperamos que vos gusten!
A ilustradora e escritora Laura Da Silva, máis coñecida como Titimoki, deixou a Pomodoro na casa para vir a facernos unha visita e ensinarnos como foi a súa creación. Durante a súa estancia ensinounos os seus bosquexos, explicounos o proceso dende a idea ata a publicación do libro e puidemos facerlle moitas preguntas. Finalmente, dedicounos o libro de visitas da nosa biblioteca e dous exemplares de Pomodoro. Con moito agarimo recordaremos este día e gardaremos os seus libros coma un tesouro.
Dende o equipo de biblioteca queremos ofrecervos ideas para desfrutar de
tempo en familia no Nadal. Moitos dos libros e xogos están dispoñibles
no cole.
Que teñades boas festas!