Os nenos e nenas de 1º de primaria realizaron un podcast sobre a vida e
obra de Luisa Villalta, homenaxeada este ano no Día das Letras
Galegas. Un audio cheo de aprendizaxe e humor!
Esperamos que vos guste!
martes, 21 de maio de 2024
LETRAS GALEGAS 2024
martes, 30 de abril de 2024
DÍA DO LIBRO 2024
Aquí tedes os resultados dos Turlututús feitos cos lapis 3D e as historias creadas polo alumnado do cole.
Esperamos que vos gusten!
martes, 9 de abril de 2024
xoves, 29 de febreiro de 2024
VISITAS DE ESCRITORAS
A ilustradora e escritora Laura Da Silva, máis coñecida como Titimoki, deixou a Pomodoro na casa para vir a facernos unha visita e ensinarnos como foi a súa creación. Durante a súa estancia ensinounos os seus bosquexos, explicounos o proceso dende a idea ata a publicación do libro e puidemos facerlle moitas preguntas. Finalmente, dedicounos o libro de visitas da nosa biblioteca e dous exemplares de Pomodoro. Con moito agarimo recordaremos este día e gardaremos os seus libros coma un tesouro.
Tamén recibimos a visita de María Lado, coautora de Caramomia xunto con Daniel Lamas, o Hematocrítico e Ledicia Costas. Contounos os segredos que envolveron esta creación conxunta entre sorrisos e simpatía.
xoves, 21 de decembro de 2023
Recomendacións navideñas da biblioteca Rosalía de Castro
Dende o equipo de biblioteca queremos ofrecervos ideas para desfrutar de
tempo en familia no Nadal. Moitos dos libros e xogos están dispoñibles
no cole.
Que teñades boas festas!




















