Pola
Biblioteca xa pasaron algún contacontos, celebramos o Día das Bibliotecas
Escolares, fixemos a exposición de “LIBROS DE MEDO” e lembramos as lecturas que
fixemos durante o verán-LECTURAS BAIXO O SOL-
martes, 14 de novembro de 2017
ULTIMAS NOTICIAS DO BUFOTECARIO
Estimadas
familias: levamos xa dous meses de curso e queremos aproveitar para mandarvos
un saúdo e facilitarvos algunhas informacións.
As MOCHILAS
VIAXEIRAS comezaron a súa andaina a primeira semana de clase e por aí seguen,
de casa en casa. Sempre gostamos de ler os vosos comentarios nas Axendas.
Tamén
puxemos en marcha, por cuarto ano consecutivo, A RECICLAXE en todo o colexio.
En marcha está tamén O COFRE DA RECICLAXE, unha caixa chea de libros sobre esta
importante cuestión.
Este curso
tamén estamos a traballar nun novo proxecto sobre A ALIMENTACIÓN. Queremos
coñecer os alimentos, as súas cualidades e beneficios, como se cultivan e
producen, a importancia dunha alimentación saudable, os beneficios da
agricultura ecolóxica, o divertida que pode ser a cociña e moitas cousas máis,
COMER PARA CRECER. Seguramente, ao longo do curso, necesitaremos da vosa
colaboración e, coma sempre, seguro que a teremos.
Para rematar
queremos agradecer a colaboración da ANPA no seo da Comisión de Biblioteca e
recordarvos a importancia da lectura como ferramenta escolar e como
posibilidade de ocio e divertimento.
Un saúdo do
Equipo de Biblioteca.
ENCARGADOS DA BIBLIOTECA
martes, 20 de xuño de 2017
PADRIÑOS LECTORES NA RIOUXA CÓ ALUMNADO DO IES DE TEIS
CELEBRAMOS O DÍA DOS PADRIÑOS LECTORES CÓ ALUMNADO E PROFESORADO DO
IES TEIS
NO PARQUE DA RIOUXA.
O
alumnado de E.I 3, 4 e 5 anos e 1º e 2º de E.P participará na xornada
de PADRIÑOS LECTORES organizada dende o equipo da Biblioteca do CEIP San
Salvador onde participarán como
padriños e madriñas lectoras alumnado e profesorado do IES de TEIS.
MIRADE QUE BEN O PASAMOS!!!!
luns, 1 de maio de 2017
PADRIÑOS LECTORES
AQUÍ TEDES ALGÚNS DOS MOMENTOS DOS PADRIÑOS LECTORES.
GRACIAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN EO VOSO ESFORZO.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




