Estimadas
familias: levamos xa dous meses de curso e queremos aproveitar para mandarvos
un saúdo e facilitarvos algunhas informacións.
As MOCHILAS
VIAXEIRAS comezaron a súa andaina a primeira semana de clase e por aí seguen,
de casa en casa. Sempre gostamos de ler os vosos comentarios nas Axendas.
Tamén
puxemos en marcha, por cuarto ano consecutivo, A RECICLAXE en todo o colexio.
En marcha está tamén O COFRE DA RECICLAXE, unha caixa chea de libros sobre esta
importante cuestión.
Este curso
tamén estamos a traballar nun novo proxecto sobre A ALIMENTACIÓN. Queremos
coñecer os alimentos, as súas cualidades e beneficios, como se cultivan e
producen, a importancia dunha alimentación saudable, os beneficios da
agricultura ecolóxica, o divertida que pode ser a cociña e moitas cousas máis,
COMER PARA CRECER. Seguramente, ao longo do curso, necesitaremos da vosa
colaboración e, coma sempre, seguro que a teremos.
Para rematar
queremos agradecer a colaboración da ANPA no seo da Comisión de Biblioteca e
recordarvos a importancia da lectura como ferramenta escolar e como
posibilidade de ocio e divertimento.
Un saúdo do
Equipo de Biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario