Ola,
familias, como xa sabedes, o pasado curso estivemos a estudar e coñecer o
Parque da Riouxa. Descubrimos que baixo o noso cole temos o CASTRO DO SINO,
organizamos actividades de PADRIÑOS LECTORES (colaboración co IES de TEIS),
fixemos TAREFAS DE LIMPEZA E CONSERVACIÓN e marcamos unha SENDA BOTÁNICA para
que todos poideran coñecer as súas árbores. ¡Canto traballo!
Pero, a
volta das vacacións, atopámonos con que algún destes traballos estaban danados
ou destruidos. Aquí vos deixamos este vídeo, elaborado por Jose, que debe
servirnos para reflexionar e apostar polo coidado da natureza e dos nosos
lugares. É unha obriga coas vindeiras xeracións. Grazas a Jose e a todos os que
traballastes para mellorar A RIOUXA, O NOSO BOSQUE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario