viernes, 11 de diciembre de 2009

BIBLIOTECAS DO MUNDO

A continuación vos deixamos un enlace para que poidades disfrutar das grandes bibliotecas do mundo en imaxes.
Enlace

viernes, 4 de diciembre de 2009

CORREO ELECTRÓNICO

Xa tedes a vosa disposicion (pais/nais, alumnos/as e mestres) a direccion do correo electrónico da biblioteca. É so para asuntos relacionados coa biblioteca.
A dirección é: bibliosansalvador@gmail.com

viernes, 6 de noviembre de 2009

CONCURSO DE RELATOS DE MEDO

Xa temos o gañador do concurso de relatos de medo. É o noso compañeiro Estevo Rodríguez Gallego de 3º curso e o seu relato é este:
O gañador comentou que está tendo moita sorte xa que foi o primeiro en leva-la mochila viaxeira e ademais gañou o concurso de relatos de medo. No enlace das fotos podedes velo.
FOTO

viernes, 23 de octubre de 2009

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa están preparadas e desexando ir as vosas casas as mochilas viaxeiras deste curso.
Para os novos alumnos/as, este programa consiste en que un neno/a leva unha mochila con libros e material diverso axeita á súa idade. As familia deben disfrutar xuntos deses contidos procurando coida-lo materia. A mochila levarana o venres e deben devolvela o mércores seguinte. Esperamos que teña tan boa acollida como a ano pasado.
Foto

viernes, 16 de octubre de 2009

CONCURSO DE RELATOS DE MEDO

Como sabedes a finais do mes de outubro celebramos a festa do samáin ou halloween . Co fin de disfrutar destas festas convocase un concurso de relatos de MEDOOOOO.....!

BASES:
  •  Poderán participar toda a comunidade educativa ( nenos, nenas , pais/nais, Avós, mestres/as)
  •  Os textos deberán ser orixinais e inéditos ( Non vale copiar)
  •  Extensión máxima un folio.Debe figurar o nome e apelidos.
  •  Entregaráse na biblioteca ata o 26 de Outubro ( luns).
  • Haberá un premio por participar.
  • Decoraráse o folio con debuxos alusivos e decorativos tipo marcos ou cenefas.
  • Todas as obras recibidas formarán parte dunha exposición.
  • Algunhas publicaránse no blog.
                                       ANIMÁDEVOS  A  PARTICIPAR  !

miércoles, 14 de octubre de 2009

ESTE CURSO ESTREAMOS BIBLIOTECA

Ca entrada do novo curso escolar, estrearemos blog e biblioteca no San Salvador. A nova biblioteca estará ubicada no 2º andar e comunicará as dúas alas do colexio. O Equipo de Biblioteca durante este trimestre está preparando todo necesario para darlle forma á nova biblioteca. Polo momento vos deixamos unhas fotos para que vexades como avanza o proceso de creación. Como vedes xa se pintou e se colocaron algúns dos novos andeis.
Fotos