jueves, 29 de febrero de 2024

VISITAS DE ESCRITORAS

A ilustradora e escritora Laura Da Silva, máis coñecida como Titimoki, deixou a Pomodoro na casa para vir a facernos unha visita e ensinarnos como foi a súa creación. Durante a súa estancia ensinounos os seus bosquexos, explicounos o proceso dende a idea ata a publicación do libro e puidemos facerlle moitas preguntas. Finalmente, dedicounos o libro de visitas da nosa biblioteca e dous exemplares de Pomodoro. Con moito agarimo recordaremos este día e gardaremos os seus libros coma un tesouro.


Tamén recibimos a visita de María Lado, coautora de Caramomia xunto con Daniel Lamas, o Hematocrítico e Ledicia Costas. Contounos os segredos que envolveron esta creación conxunta entre sorrisos e simpatía.