Dende o equipo de biblioteca queremos ofrecervos ideas para desfrutar de
tempo en familia no Nadal. Moitos dos libros e xogos están dispoñibles
no cole.
Que teñades boas festas!
Dende o equipo de biblioteca queremos ofrecervos ideas para desfrutar de
tempo en familia no Nadal. Moitos dos libros e xogos están dispoñibles
no cole.
Que teñades boas festas!
Co motivo do Día da poesía, no noso centro dedicáronse tódalas sesións da "Hora lectora" a este xénero literario. O alumnado escribiu pequenos versos e poemas para intercambiar cos seus compañeiros/as das outras aulas. Aquí tedes unha pequena mostra dos seus traballos:
Hoxe rememorouse o Día da Muller!
Nesta conmemorazión fixemos visibles unha serie de representantes galegas que destacaron no ámbito da comunicación. Deixámosvos unhas mostras dos seus traballos:
Con motivo do nome da nosa bibliote e da celebración do día de Rosalía de Castro; así como da próxima conmemoración do Día da Muller, os nosos alumnos crearon un audioconto elaborado dende os máis pequenos ata os máis maiores do centro, inagurando así ás instalacións da nosa Radio.
Os Reis Magos fixeron unha parada no CEIP Plurilingüe San Salvador de Teis e deixáronnos uns cantos agasallos para ós nosos alumnos!
Moitas grazas Melchor, Gaspar e Baltasar!
Encantáronnos!