lunes, 13 de mayo de 2013

DÍA DO LIBRO

O pasado 23 de abril a ANPA do colexio celebrou, por segundo ano consecutivo, o día do libro. Houbo talleres, xogos, proxeccións,venda e exposición de libros e sobre todo moito traballo e ilusión. Parabéns! O grupo de 3º tamén celebrou o día convidando ás familias, para que participaran nunha sesión de lectura celebrada na Biblioteca. As familias escolleron o fragmento do libro que ían ler e o Bufotecaraio non perder detalle.

viernes, 26 de abril de 2013

FAMILIAS LECTORAS

Este segundo trimestre recibimos a visita dalgunha familia que veu contarnos un conto dende o SOFÁ CONTACONTOS. Moitas grazas.

VISITA A BIBLIOTECA CENTRAL


Os pequenos e pequenas de Educación Infantil, 1º, 3º e 5º visitan a Biblioteca Central Municipal. Unha visita divertida e interesante. Aquí os deixamos unha pequena mostra do que vimos

miércoles, 17 de abril de 2013

POESÍA POR UN TUBO

Este curso celebramos o Día da Poesía (23 de Marzo) con diferentes actividades: caixa temática de libros de poesía, contacontos do Cullarapo Croque en Educación Infantil, e diferentes recitados de todos os cursos de E.P . "POESÍA POR UN TUUUUUBOOOOOOO"

Unhas grazas especiais para Miguel Ángel Alonso Diz autor do libro de poemas "O cullarapo Croque". Un millón para él e para a ANPA do cole. (Click na imaxe)     
                                                      
                                                      CULLARAPO CROQUE - diapositivas

viernes, 22 de febrero de 2013

CONTACONTOS 1º CICLO

O alumnado do primeiro ciclo na sesión de lectura, contáronlles uns contiños os seus compañeiros e compañeiras do ciclo superior. Foi unha satisfacción para todos . Compartimos con  todos/as esta experiencia.

sábado, 19 de enero de 2013

PROXECTO: EU VIVO NO BARRIO DE TEIS

 
Ao  longo deste curso varios grupos de alumnos e alumnas de diferentes niveis están a poñer en marcha os seus proxectos sobre o noso barrio.
O alumnado de 5º iniciou un proxecto sobre : AS NOVAS DO NOSO BARRIO.
Os alumnos e alumnas da aula de 3 anos en colaboración coas famillias comenzaron o seu proxecto de : ONDE VIVIMOS ?
O 2º ciclo fomentará: A RECICLAXE.

TEIS TAMÉN RIMA

Tratando de enlazar a actividade de "POESÍA por un TUUBOOO" co noso proxecto "Eu vivo no barrio de Teis" fixemos esta actividade que leva por título: TEIS TAMÉN RIMA. Hai que ver que
grandes poetas temos no cole

.

ONDE VIVO?

Os compas de 5 anos realizaron un plano do barrio de Teis. No plano situaron as súas caras e o seu enderezo.