jueves, 22 de noviembre de 2012

PROXECTO: EU VIVO NO BARRIO DE TEIS


Este curso levaremos a cabo un proxecto titulado: "EU VIVO NO BARIO DE TEIS". Pretendemos que os nosos nenos e nenas coñezan o barrio de TEIS: os seus servizos, as zonas verdes, o transporte urbán, a reciclaxe, as súas árbores, a súa ubicación,...
Tamén queremos despertar neles, valores relacionados coa urbanidade e a convivencia, en definitiva, o coidado e aprecio do noso barrio.
Para acadar estes obxectivos, realizaremos ao longo do curso diferentes actividades en todos os niveis educativos e teremos na Biblioteca un rincón adicado ao noso barrio: Teis.
Se algún de vos tivese información, libros, mapas, planos, audiovisuais,... do barrio de Teis que nos poidese facilitar, estariamos encantados de recibila.
Un saúdo.
O Equipo de Biioteca.

martes, 13 de noviembre de 2012

PRESENTAMOS NOVA MASCOTA E A GUÍA DE USUARIOS

Estimadas familias: o pasado 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas escolares. Nós aproveitamos a celebración para presentarlles a todos os cursos a nova mascota da Biblioteca: O BUFOTECARIO.  O Bufo regaloulle a cada grupo unha GUÍA DE  USUARIOS, para que todos saibamos como funciona a Biblioteca , que é o que podemos facer nela  e que normas debemos cumprir. Para os máis pequenos houbo sesión de contacontos. Un saúdo