jueves, 23 de noviembre de 2017

A RIOUXA: O NOSO BOSQUE



Ola, familias, como xa sabedes, o pasado curso estivemos a estudar e coñecer o Parque da Riouxa. Descubrimos que baixo o noso cole temos o CASTRO DO SINO, organizamos actividades de PADRIÑOS LECTORES (colaboración co IES de TEIS), fixemos TAREFAS DE LIMPEZA E CONSERVACIÓN e marcamos unha SENDA BOTÁNICA para que todos poideran coñecer as súas árbores. ¡Canto traballo!

Pero, a volta das vacacións, atopámonos con que algún destes traballos estaban danados ou destruidos. Aquí vos deixamos este vídeo, elaborado por Jose, que debe servirnos para reflexionar e apostar polo coidado da natureza e dos nosos lugares. É unha obriga coas vindeiras xeracións. Grazas a Jose e a todos os que traballastes para mellorar A RIOUXA, O NOSO BOSQUE.





martes, 14 de noviembre de 2017

CONTACONTOS



Pola Biblioteca xa pasaron algún contacontos, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares, fixemos a exposición de “LIBROS DE MEDO” e lembramos as lecturas que fixemos durante o verán-LECTURAS BAIXO O SOL-

 

ULTIMAS NOTICIAS DO BUFOTECARIO



Estimadas familias: levamos xa dous meses de curso e queremos aproveitar para mandarvos un saúdo e facilitarvos algunhas informacións.


As MOCHILAS VIAXEIRAS comezaron a súa andaina a primeira semana de clase e por aí seguen, de casa en casa. Sempre gostamos de ler os vosos comentarios nas Axendas.

Tamén puxemos en marcha, por cuarto ano consecutivo, A RECICLAXE en todo o colexio. En marcha está tamén O COFRE DA RECICLAXE, unha caixa chea de libros sobre esta importante cuestión.


Este curso tamén estamos a traballar nun novo proxecto sobre A ALIMENTACIÓN. Queremos coñecer os alimentos, as súas cualidades e beneficios, como se cultivan e producen, a importancia dunha alimentación saudable, os beneficios da agricultura ecolóxica, o divertida que pode ser a cociña e moitas cousas máis, COMER PARA CRECER. Seguramente, ao longo do curso, necesitaremos da vosa colaboración e, coma sempre, seguro que a teremos.
Para rematar queremos agradecer a colaboración da ANPA no seo da Comisión de Biblioteca e recordarvos a importancia da lectura como ferramenta escolar e como posibilidade de ocio e divertimento.

Un saúdo do Equipo de Biblioteca.

ENCARGADOS DA BIBLIOTECA



A nosa Biblioteca xa está funcionando a toda máquina.
 Delo encárganse os 43 COLABORADORES E COLABORADORAS de 3º, 4º, 5º e 6º que temos este ano. Eles atenden os préstamos , as devolucións, aos nosos usuarios e ordenan e recollen a Biblioteca o rematar cada recreo.
 ¡Que gran traballo! 
¡Grazas!