martes, 14 de noviembre de 2017

ULTIMAS NOTICIAS DO BUFOTECARIO



Estimadas familias: levamos xa dous meses de curso e queremos aproveitar para mandarvos un saúdo e facilitarvos algunhas informacións.


As MOCHILAS VIAXEIRAS comezaron a súa andaina a primeira semana de clase e por aí seguen, de casa en casa. Sempre gostamos de ler os vosos comentarios nas Axendas.

Tamén puxemos en marcha, por cuarto ano consecutivo, A RECICLAXE en todo o colexio. En marcha está tamén O COFRE DA RECICLAXE, unha caixa chea de libros sobre esta importante cuestión.


Este curso tamén estamos a traballar nun novo proxecto sobre A ALIMENTACIÓN. Queremos coñecer os alimentos, as súas cualidades e beneficios, como se cultivan e producen, a importancia dunha alimentación saudable, os beneficios da agricultura ecolóxica, o divertida que pode ser a cociña e moitas cousas máis, COMER PARA CRECER. Seguramente, ao longo do curso, necesitaremos da vosa colaboración e, coma sempre, seguro que a teremos.
Para rematar queremos agradecer a colaboración da ANPA no seo da Comisión de Biblioteca e recordarvos a importancia da lectura como ferramenta escolar e como posibilidade de ocio e divertimento.

Un saúdo do Equipo de Biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario