jueves, 22 de noviembre de 2012

PROXECTO: EU VIVO NO BARRIO DE TEIS


Este curso levaremos a cabo un proxecto titulado: "EU VIVO NO BARIO DE TEIS". Pretendemos que os nosos nenos e nenas coñezan o barrio de TEIS: os seus servizos, as zonas verdes, o transporte urbán, a reciclaxe, as súas árbores, a súa ubicación,...
Tamén queremos despertar neles, valores relacionados coa urbanidade e a convivencia, en definitiva, o coidado e aprecio do noso barrio.
Para acadar estes obxectivos, realizaremos ao longo do curso diferentes actividades en todos os niveis educativos e teremos na Biblioteca un rincón adicado ao noso barrio: Teis.
Se algún de vos tivese información, libros, mapas, planos, audiovisuais,... do barrio de Teis que nos poidese facilitar, estariamos encantados de recibila.
Un saúdo.
O Equipo de Biioteca.

martes, 13 de noviembre de 2012

PRESENTAMOS NOVA MASCOTA E A GUÍA DE USUARIOS

Estimadas familias: o pasado 24 de outubro celebrouse o día das bibliotecas escolares. Nós aproveitamos a celebración para presentarlles a todos os cursos a nova mascota da Biblioteca: O BUFOTECARIO.  O Bufo regaloulle a cada grupo unha GUÍA DE  USUARIOS, para que todos saibamos como funciona a Biblioteca , que é o que podemos facer nela  e que normas debemos cumprir. Para os máis pequenos houbo sesión de contacontos. Un saúdo

viernes, 28 de septiembre de 2012

BUFOS NA BIBLIOTECA DE TEIS

 FAMILIAS DO C.E.I.P SAN SALVADOR - TEIS - VIGO !




AGRADECÉMOSVOS AS PROPOSTAS DE MASCOTA PARA A BIBLIOTECA. FOI ABRIR AS VENTANAS E, DENDE O PARQUE DA RIOUXA, COMEZAR A ENTRAR OS BUFOS.
PODEDES VISITAR A EXPOSICIÓN NO SEGUINTE HORARIO DE VISITAS: MAÑÁNS DE 9:00 A 9:45 E TARDES DE 4 A 5.
DESPOIS DE ELIXIR O BUFO QUE NOS REPRESENTE, PODEREDES RETIRALAS OU DEIXALAS COMO DOAZÓN NA BIBLIOTECA. AVISARÉMOSVOS CANDO TEÑAMOS FEITA A ELECIÓN DA MASCOTA.
UN SAÚDO.
                                               
              

martes, 18 de septiembre de 2012

BUSCAMOS MASCOTA

A nosa biblioteca anda na procura dunha nova mascota. Queremos que sexa un bufo.
 Para elo podedes empregar calquera material que consideredes opurtuno.
É importante que participedes cos vosos fillos e fillas e non vos esquezades de poñerlle un nome.
Os traballos deben entregarse ata o 25 de Setembro nas titorías. Con todos os traballos faremos unha exposición.

Animádevos familias a participar deste evento.!!!!!!